viernes, 10 de febrero de 2012

  A CANCIÓN DO ENTROIDO!!!!

A letra que temos que aprender para demostrar a toda a xente de Pontedeume o ben que cantades.
ÁNIMO que é moi doada!!!!!.

 “HEIDI”


Profesora dime ti
por que á escola teño que ir        
profesora dime ti            
por que debo madrugar
dime por que non vai o abalar
dime por que non podo conectar.
Profesoreeeeeeeeeeeeees
O netbook nunca hei de escachar !!!!!

Profesora dime ti
os deberes que faremos nós
no Couceiro Freijomil
para poder ir de vacacións:
mates, inglés e francés tamén,
coa vosa axuda todo fácil é.
Profesoreeeeeeeeeeeeees
nunca eu de vós me queixarei !!!!!

Agora imos cantar
co avó e con Heidi unha canción
é tempo de gozar
e comer orellas a fartar!!!!
Hai que deixar o traballo aquí
e o entroido hai que vivir!!!!!
Profesoreeeeeeeeees
esquecede o xenio, hoxe hai que rir !!



                     SEGUIDE ESTA MÚSICA:






8 comentarios:

  1. Hola ¡¿¡

    Estou desexando que chegue o entroido para poder gozar desta preciosa canción.

    Un saúdo
    Paula

    ResponderEliminar
  2. Hola!!!!!!!!!!!!.
    Encántame esta nova canción, ainda que hai partes nas que a música e a letra non van xuntas.
    Un saúdo Andrea.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que ben que estás no blog, Andrea!!!!!
      A verdade é que confio tanto en todos vós que, se practicades estes días, non haberá problema e sairá estupenda!!!!
      Saúdos e benvida ao blog!!!!!

      Eliminar
  3. Encántame a canción do entroido,O que pasa é que estou enfermo outra vez e pode que non vaia á praza real.


    Moito ánimo dende min
    MIGUEL A.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que disgusto teño Miguel!!!
      Acordarémonos moito se é que ao final non podes vir. Mellórate, que tes cinco días para pasalo en grande!!!!

      Eliminar
  4. Saíu mui ven todo eo pasamos moi ven todos,pero agora toca traballar.Animo

    Un saúdo moi grande.

    SHEILA

    ResponderEliminar
  5. Como Heidi pode ter unha voz tan aguda???

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Pobriña Heidi, verdade???? Tan guapiña e con esa voz!!!

      Eliminar